Sesión constitutiva do Parlamento de Galicia no 2012

Sesión constitutiva do Parlamento de Galicia no 2012

Compartir via Whatsapp
11880
0
16/11/2012

Sesión constitutiva da novena lexislatura. Tras a constitución da mesa de idade presidida por Xosé Manuel Beiras Torrado, de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), empeza a votación para a elección do Presidente da Cámara, posto para o que sae elixida de novo a deputada do Partido Popular de Galicia (PPdeG) Pilar Rojo. Rojo preside polo tanto a Mesa do Parlamento integrada por Miguel Anxo Santalices Vieira, vicepresidente; María Soledad Soneira Tajes, vicepresidenta segunda; Xosé Manuel Balseiro Orol, secretario e Concepción Burgo López, vicesecretaria. Despois da xura ou promesa dos novos deputados, a presidenta declara constituído o Parlamento e pecha a sesión co canto do himno galego.

Máis información
Ano: 
2012
Localización: 
Santiago de Compostela (A Coruña)
Persoas: 
Rojo Noguera, Pilar; Sarmiento Méndez, Xosé Antón; Beiras Torrado, Xosé Manuel; Solla Fernández, Eva; Pontón Mondelo, Ana Belén; Vázquez Abad, Xesús; Val Alonso, Xosé Ramón
Escearios: 
Pazo do Hórreo

O máis