Remodelación do Goberno de Fraga tras a dimision de Cuíña no ano 2003

Remodelación do Goberno de Fraga tras a dimision de Cuíña no ano 2003

Compartir via Whatsapp
6476
0
20/01/2003

Sexta lexislatura. Tras a dimisión de Xosé Cuíña derivada da crise do "Prestige", Fraga leva a cabo unha profunda remodelación do Goberno durante o cuarto mandato como presidente da Xunta. Os novos conselleiros son Alberto Núñez Feijóo, de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Pilar Rojo Noguera, de Familia, Xuventude e Voluntariado; Xosé Manuel Barreiro Fernández, de Medio Ambiente, e María Xosé Cimadevila Cea, de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ademais renovan o seu xuramento Xoán Rodríguez Yuste, de Innovación, Industria e Comercio; Antonio Pillado Montero, de Xustiza, Interior e Administración Local; e Aurelio Miras Portugal, de Emigración e Apoio á Emigración.

Máis información
Ano: 
2003
Localización: 
Santiago de Compostela (A Coruña)
Persoas: 
Fraga Iribarne, Manuel; Núñez Feijóo, Alberto; Rojo Noguera, Pilar; López Besteiro, Manuela; Rodríguez Yuste, Xoán; Pillado Montero, Antonio; Barreiro Fernández, Xosé Manuel; Cimadevila Cea, María Xosé; Miras Portugal, Aurelio
Escearios: 
San Caetano

O máis