Fútbol. Primeira retransmisión dun partido do Deportivo na TVG en 1986

544
0

O Deportivo-Mallorca da liga de Segunda División 1985-86 inicia as emisións da TVG dende o estadio de Riazor. Xosé Manuel Traba marca o gol do empate do Deportivo nun encontro narrado polos xornalistas Xosé Luis Muñoz e Manuel Pampín cos comentarios de Manolete. Durante o descanso Manuel Pampín entrevista nos vestiarios ao adestrador e varios xogadores do Deportivo.