Apertura de campaña das Eleccións Autonómicas de 1989

Apertura de campaña das Eleccións Autonómicas de 1989

Compartir via Whatsapp
6513
0
01/12/1989

Campaña electoral das eleccións autonómicas de 1989 en que Manuel Fraga presenta por primeira vez a súa candidatura á presidencia da Xunta e celebra a apertura de campaña na praza de Ourense, na Coruña. Coalición Galega, o partido liderado por Xosé Luis Barreiro Rivas, faino en Vigo. Fernando González Laxe, candidato polos socialistas galegos pega carteis nos Xardíns de Méndez Núñez, na cidade da Coruña. Xosé Manuel Beiras, candidato do BNG, celebra o acto de apertura en Santiago. O candidato polo PSG-EG, Camilo Nogueira, pega carteis en Vigo. Pablo González Mariñas fala coa prensa no acto de apertura do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG). Por outra banda, Anxo Guerreiro, candidato por Esquerda Unida, reparte programas electorais na Porta Faxeira de Santiago. O Centro Democrático Social, con Xesús Osorio Peláez como cabeza de lista, pega carteis en Vigo e a Agrupación Ruíz Mateos, con Carmen Lovelle Alén como cabeza de lista, abre a campaña no Obradoiro coa participación de José María Ruíz Mateos.

Máis información
Ano: 
1989
Localización: 
Galicia
Persoas: 
Barreiro Rivas, Xosé Luis; González Laxe, Fernando; Beiras Torrado, Xosé Manuel; Nogueira Román, Camilo; González Mariñas, Pablo; Guerreiro Carreiras, Anxo; Fraga Iribarne, Manuel; Ruíz Mateos, José María; Osorio Peláez, Xesús

O máis