Apertura da campaña das Eleccións Autonómicas de 2001

Apertura da campaña das Eleccións Autonómicas de 2001

Compartir via Whatsapp
11259
0
05/10/2001

Eleccións autonómicas de Galicia 2001. O Partido Popular de Galicia (PPdeG) inicia a campaña na Praza do Toural onde un grupo de independentistas lanza ovos contra Manuel Fraga, candidato á presidencia da Xunta. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) abre a campaña na Praza das Praterías; alí varios dirixentes pegan carteis electorais e acompañan o seu candidato, Xosé Manuel Beiras. O Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) celebra un acto no Obradoiro no que Manuel Chaves, presidente da Xunta de Andalucía, Francisco Vázquez, alcalde da Coruña, Marcelino Iglesias, presidente de Aragón, e outros dirixentes apoian a Emilio Pérez Touriño, candidato á presidencia da Xunta. Ademais o candidato de Esquerda de Galicia (EdeG), Anxo Guerreiro, pega carteis en Vigo e Carlos Dafonte, candidato de Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU), cumpre co mesmo ritual en Lugo.

Máis información
Ano: 
2001
Localización: 
Santiago de Compostela (A Coruña); Vigo (Pontevedra); cidade de Lugo (Lugo)
Persoas: 
Fraga Iribarne, Manuel; Beiras Torrado, Xosé Manuel; Pérez Touriño, Emilio; Guerreiro Carreiras, Anxo; Chaves González, Manuel María; Dafonte Díez, Carlos; Palmou Lorenzo, Xesús

O máis